Ovos recheos con bonito e bechamel.

Necesitamos:

6 ovos cocidos. 
Unha lata de bonito grande. 

Para a bechamel:
500 cc. de leite. 
50 g. de fariña.
50 cc. de aceite.
Sal.

Como se fai? 
Partimos os ovos ao longo ao medio e quitamoslle a xema 
e a mezclamos co bonito (sen o aceite). 
Os ovos se poñen nunha bandexa cunha base de salsa de tomate. 
A mestura a vamos poñendo enriba dos medios ovos formando como un ovo enteiro. Os cubrimos de bechamel con queixo ralado e ourego. 

Como se fai a bechamel? 

Poñemos o leite a quentar, mentras mezclamos ben a fariña, o aceite e o sal. 
Cando o leite empeze a ferver lle añadimos a mestura e remexemos continuamente para que non se pegue durante aproximadamente 10 min.
A continuación poñemos a bechamel sobre os ovos. 

O metemos no forno precalentado a 180º arriba e abaixo con ventilador durante 20 min.  



Comentarios