Albóndigas de carne picada.

Necesitamos :

Para as albóndigas:

500 de carne picada. 

2 ovos. 
Un chorriño de leite. 
Un pouquiño de pan ralado.
Un dente de allo moi picadiño. 
Unha pizca de sal. 

Para o refrito:

2 o 3 dentes de allo. 
Unha cebolla grande. 
Un trozo de porro. 
Un poco de pemento verde e un poco de pemento vermello.
Cenoria. 
2 ou 3 tomates maduros. 
Sal e pementa.
Herbillas.

Como se fan?

Mezclamos todos os ingredientes para as albóndigas e deixamos reposar 30 min. para despois facer boliñas con esta masa rebozandoas en fariña para despois fritir.
Despois de fritir as albóndigas
empezamos co refrito.
Poñemos a sartén con aceite a quentar e botamos un par de dentes de allo picadiños, a continuación a cebola e o porro ben picadiños, picamos os dous tipos de pementos e os botamos tamén. Logo a cenoria en trociños. 

Cando xa está, o escurrimos ben do aceite e o poñemos nunha cacerola xunto coas albóndigas e lle botamos un vaso de auga, sal e pementa. E deixamos cocer todo xunto 15 min. e añadimos as herbillas e deixamos 10 min. máis. 

Comentarios